En prazo, ata o xoves, as axudas para a contratación de persoas perceptoras da Risga

1 minutes read

Os concellos galegos poden solicitar ata o próximo xoves 27 de maio as axudas destinadas á contratación de 700 persoas perceptoras da Risga, unha iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade que conta cun orzamento de 7,7 millóns de euros para dar apoio a 165 concellos ou agrupacións de municipios.

O obxectivo desta iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato laboral que será subvencionable durante 9 meses. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria destas axudas o pasado 27 de abril.

A actuación busca impulsar o emprego local e mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como apoiar a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral. A medida completa outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos.