En prisión un veciño de Culleredo tras cometer 12 roubos

Material roubado recuperado pola Garda Civil

Axentes da Garda Civil detiveron un veciño de Culleredo como presunto autor de doce delitos de roubo en establecementos hostaleiros e instalacións deportivas da comarca coruñesa das Mariñas. A actuación policial sucedeu despois das denuncias interpostas polas vítimas nas dependencias oficiais da Garda Civil.

Na investigación, os axentes constataron que o modus operandi dos roubos era moi similar. Ademais, utilizaba gorros e bufandas para dificultar a súa identificación, con todo, logrouse identificar o suposto autor dos roubos. Trátase dun veciño de Culleredo coñecido polas forzas de seguridade por actos do mesma tipo.

O importe do subtraído alcanza os 9.000 euros. O detido, xunto cos bens obtidos nas actuacións realizadas, foi posto á disposición do xulgado de garda da Coruña, que decretou a autoridade xudicial o seu ingreso en prisión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha