En proxecto a primeira Vía Verde da provincia da Coruña

  • O presidente da Deputación da Coruña reuniuse cos alcaldes dos municipios implicados para dar a coñecer os avances na tramitación do proxecto

A Deputación da Coruña vén de recibir 1,86 millóns de euros de fondos FEDER para facer realidade a primeira Vía Verde da provincia da Coruña, que conectará os municipios de Santiago e Cerceda cun sendeiro de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril.

Así o comunicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante a reunión que mantivo cos alcaldes de Ordes, José Luís Martínez Sanjuro; Oroso, Manuel Mirás; Tordoia, Antonio Pereiro e Cerceda, José García Liñares; á que tamén asistiron a concelleira compostelá e deputada provincial Milagros Castro e o deputado responsable da área de Transición Ecolóxica, Emprego e Mobilidade Sostible, José Ramón Rioboo, e o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, ademáis de técnicos dos diferentes departamentos da institución provincial que se encargarán do desenvolvemento do proxecto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha