En servizo a pasarela de conexión do Monte do Gozo coa rúa Ponte de San Lázaro


Entra en servizo a pasarela de conexión do Monte do Gozo coa a estrada N-634, na rúa de San Lázaro. Esta actuación enmárcase no proxecto de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago no ámbito do Camiño Francés no Monte do Gozo, cuxos traballos están xa finalizados.

A nova pasarela sitúase nas inmediacións coa estrada nacional e coincide co treito final desta intervención, que supón a transformación da imaxe do Camiño Francés no entorno da capela de San Marcos e na baixada do Monte do Gozo, cun investimento autonómico de case 1 millón de euros.

Os traballos permitiron a substitución das escaleiras por unha pasarela para salvar o desnivel entre a rúa do Gozo e a N-634. Na parte inferior, configurouse un espazo que sirve de antesala aos que percorran a nova pasarela en sentido ascendente, e tamén de desembarco e tránsito ata a recente actuación sobre a AP-9 para os que descendan.