- A feira de coches de ocasión organizada pola Asociación do Automóbil de Baio xa vai pola súa 43ª edición.
Durante os días 14, 15 e 16 de xuño, cinco talleres da vila (Talleres J. Lema, Talleres Manuel Montes, Bayo Móvil, Talleres Graíño e Bayocar) abrirán as súas portas nun horario especial – de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas -, cunha gran cantidade de vehículos de ocasión de distintas marcas, con descontos especiais e ventasoxas condicións de compra.
Nas cinco exposicións atoparemos vehículos de km0, seminovos, industriais, todoterreos, familiares, SUV, deportivos,…
E como todos os anos, haberá algunha novidade. Nesta ocasión, serán un sorteo de vales en combustible que se realizará ao remate da feira entre todas as persoas que ao longo dos tres días se acheguen a algún dos talleres. En total repartiranse 300€ en combustible que se poderán canxear na estación de servizo Gasóleos Montaña de Baio.
Durante eses días tamén haberá sorpresas no perfil de Facebook do evento.