En xuño rematarán as obras de rehabilitación da Ponte Nafonso, entre Noia e Outes

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, avanzou no Parlamento que as obras de rehabilitación e posta en valor da ponte Nafonso, que une os concellos de Noia e Outes na estrada AC-196, prevén o seu remate o vindeiro mes de xuño, logo dun investimento autonómico de máis de 700.000 euros.

Na súa intervención sinalou que tal e como xa é coñecido pola información transmitida, as obras se atopan en execución e se está a traballar intensamente nelas: estase a ultimar o remate do pavimento, para pasar a colocar, agora, o novo peitoril en pedra de cantería.

Lembrou que os traballos foron retomados o día 11 de abril, tras recibir o visto bo da Comisión de Patrimonio da Coruña o novo proxecto para a ponte, que recolle a configuración do peitoril de pedra en lugar do metálico que recollía o proxecto contratado, e unha vez superado o paro do transporte que retrasou o seu comezo por falta de subministros.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas realizou unha pormenorizada exposición sobre o desenvolvemento desta obra, cuxa execución iniciouse o pasado mes de agosto e tivo que ser suspendida temporalmente polas necesidades de modificación xurdidas durante a execución dos traballos. Detallou que o proxecto se modificou e se reiniciaron os traballos sen que se teña incrementado o custo da actuación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha