26
O conselleiro delegado de Enagás, Arturo Gonzalo, comprometeu este sábado todo o apoio da empresa ao hidroduto entre Guitiriz e Zamora e asegurou que asume este proxecto como propio para que estea «plenamente operativo en 2030».
Ratificouno tras manter unha xuntanza co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e co vicepresidente primeiro, Francisco Conde, para evidenciar o compromiso «máximo» da compañía con Galicia tras adquirir, esta semana, a rede de gasodutos de Reganosa por 54 millóns de euros.
O convenio tamén inclúe a incorporación de Reganosa á regasificadora de El Musel, en Asturias, que comezará a funcionar proximamente. A empresa galega fíxose co 25 % da planta por 95 millóns de euros.