Encalla un cargueiro chinés nas costas do Pacífico


Os doce tripulantes dun buque de bandeira chinesa que encallou durante unha tormenta nas costas da cidade rusa de Jólmsk, situada no Pacífico foron evacuados con éxito, informaron os medios rusos. A embarcación, que partiu desde Xapón, contén 103 toneladas de combustible. Os servizos de rescate marítimo ruso están a estudar como levalo de novo a augas profundas.