Encalla un pesqueiro nunha pedra do Serriño, fronte Aguiño

Un arrastreiro de Ribeira con oito tripulantes a bordo encallou este luns fronte ao litoral de Aguiño, na zona coñecida como O Serriño. O Boteira Primero regresaba de faenar cando sufriu un problema co temón que o fixo varar enriba dunhas rochas. Ningún dos mariñeiros que ían a bordo sufriron danos. Ata o lugar desprazáronse a lancha Salvamar Sargadelos, a da confraría de Aguiño e tres arrastreiros de Ribeira. Finalmente, o barco desencallou sen axuda e continuou o seu rumbo a porto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha