«Encaramos unha nova fase na batalla contra a pandemia»

Con esta frase, o ministro español de Transportes, José Luis Ábalos, deu por feito nunha rolda de prensa por videoconferencia que España deixou atrás o pico de falecidos diarios por culpa da COVID-19.

Este luns sumáronse 637 mortos, o que eleva o total de vítimas mortais por encima das 13.000, a cantidade máis baixa desde o pasado 24 de marzo. Rexistráronse case 4.300 novos casos, 2.000 menos que o día anterior. Na nova fase da pandemia, o Goberno centrará os seus esforzos en facer test masivos á poboación e en illar aos infectados asintomáticos, posiblemente en hoteis, para evitar que propaguen a enfermidade.

A perspectiva de que se alongue a corentena máis aló do 26 de abril divide á poboación. Se España se mira no espello de Italia, que leva unha semana de adianto na pandemia, o Executivo dese país exponse prolongar o confinamento (que conclúe o 13 de abril) ata principios de maio e unha reapertura gradual das actividades para mediados do mesmo mes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha