Encarcerado o último detido acusado do crime de Samuel Luiz

1 minutes read

O titular do Xulgado de Instrución número 8 da Coruña acordou este mércores o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do último detido acusado de participar no crime de Samuel Luiz na madrugada do 3 de xullo na Coruña. Este último arrestado, o sétimo acusado, pasou este mércores a disposición xudicial, está investigado por un delito de asasinato. O acusado acolleuse ao dereito a non declarar. O xuíz decidiu o ingreso en prisión entendendo que existe risco de fuga. Con el son cinco os adultos acusados de participar no crime, dos que catro están en prisión provisional. Ademais hai tamén dous menores investigados.