Encargada a redacción dun proxecto de mellora da seguridade vial en Suevos, Arteixo

1 minutes read

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 23.595 euros a redacción do proxecto de mellora da seguridade vial na DP 0503, no núcleo de Suevos, no Concello de Arteixo.

O proxecto definirá as accións a realizar para a mellora da estrada, que vai de Bordeiras ao Porto de Suevos, desde o PQ 1 ata o PQ 2,1. Na actualidade, o vial presenta unha forte pendente, curvas reducidas, non dispón de sendas para o tránsito peonil e é moi estreita, estando nunha zona con numerosas vivendas.

O proxecto presentará as solucións técnicas para ampliar a sección da vía, habilitando zonas para o tránsito peonil e dotando á estrada de condicións que melloren a seguridade tanto na circulación de vehículos coma no acceso ás vivendas das persoas residentes na zona.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?