Enchen de pintadas o exterior da casa do Concello de Ponteceso


Persoa ou persoas descoñecidas cometeron esta fin de semana un acto vandálico sobre diferentes caras da fachada do Concello de Ponteceso. Os ánimos están quentes politicamente e de momento pagáronas coa casa do concello. O edificio foi atacado con mensaxes contra os políticos, avogados e contra a mesma Xunta de Galicia. Entre as inscricións podíase ler “Políticos, lixo, liberdade ”miserables” ou insultos dirixidos ao presidente da Xunta. As autoridades investigan os feitos co fin de localizar ao responsable ou responsables dos mesmos.