Albert Rivera pide centrarse en España, non en Franco e o aborto: “Iso déixoo para Casado e Sánchez” Albert Rivera, reprochou este sábado ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e ao dirixente do PP, Pablo Casado, que se centran en buscar diferenzas entre aspirantes á Moncloa: “Non me veredes falando de Franco nin do aborto. Iso déixoo para Casado e Sánchez. Eu quero falar de España”.
Mentras a líder de Cs en Catalunya e aspirante a candidata por Barcelona nas eleccións xerais, Inés Arrimadas, advertiu este sábado de que o PP e o PSOE sempre pactan con partidos nacionalistas cando populares ou socialistas gobernan na Moncloa.