Encontro con Sés, un acto de acceso libre enmarcado dentro da XII Edición do Programa O Mes da Fundación. Un espazo de conversa no que a artista e pensadora coruñesa afondará nas conexións entre a música tradicional e a música testemuñal.
María Xosé Silvar, Sés, é sen dúbida unha das voces mais singulares e recoñecibles da música galega contemporánea. Cunha traxectoria marcada pola autenticidade, a honestidade e a calidade poética, a súa obra combina a forza da raíz popular coa palabra e a estética persoal.
Licenciada en Filoloxía Galega e en Antropoloxía Social, Sés achegaranos nesta charla unha ollada lúcida sobre dous conceptos que, lonxe de seren alleos, dialogan entre si, e comparten unha mesma esencia: a de contar o que somos, o que vivimos e o que nos interpela.
Así, este Encontro propón unha reflexión sobre a música como crónica e identidade individual e colectiva.