34
- A xestora cultural Paula Álvarez e a cantante Irma Macías participaron nun coloquio sobre arte e cultura, o papel da muller e a Costa da Morte
O Concello de Ponteceso organizou un encontro entre a xestora cultural Paula Álvarez e a cantante galega Irma Macías no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, en Corme. Este coloquio foi gravado en vídeo e difundido pola rede social Facebook do Concello aproveitando o Día Internacional da Muller.
Neste evento, no que tamén colaboraron a concelleira pontecesá Maite Chouciño, a Fundación TorrePujales e as artistas Dúa de Pel, Paula Álvarez e Irma Macías trataron diversos temas vencellados ao mundo da arte e da cultura na Costa da Morte e, sobre todo, do papel da muller na sociedade.