Encontro entre o PSOE larachés e o presidente do Laracha CF

1 minutes read
  • O grupo municipal iniciou unha rolda de contactos con diferentes entidades deportivas e culturais do municipio

A formación local do PSOE na Laracha continúa coa súa rolda de encontros con diferentes entidades deportivas e culturais do municipio para coñecer de primeira man as súas necesidades. Esta fin de semana foi o turno do Laracha CF, cuxo presidente, Juan José Fuentes, trasladoulle aos socialistas os seus proxectos de futuro e o desafío que supuxo a pandemia da Covid-19.

Tal e como sinalan desde o PSOE larachés, o club «mobiliza, desde a chegada da nova directiva en setembro do 2020, a case un centenar de familias» e coa pandemia sufriron «unha notable caída de ingresos». Ante esta situación destacan que é necesario «un incremento das subvencións así como unha aposta polo mantemento e mellora das instalacións deportivas municipais».