Encontro informativo en Cabana sobre as axudas de vivenda da Xunta

1 minutes read
  • Terá lugar este luns, a partir das 10.30 horas, no Auditorio municipal

O Auditorio municipal de Cabana acollerá este luns, 2 de maio, un dos encontros informativos do programa Construíndo Fogar organizado pola Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. Comezará ás 10:30 horas.

A finalidade da xornada é achegar información sobre as liñas de axuda de vivenda do ente autonómico así coma dos requisitos que as persoas beneficiarias de cada subvención deben cumprir, tanto dos programas abertos como daqueles cuxa convocatoria segue pendente de publicar. No evento, que será aberto ao público, os asistentes poderán preguntar dúbidas.

O acto contará coa presenza de Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente; Gonzalo Trenor, delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña e José Muíño, alcalde de Cabana.