Encontro literario no Maximino Romero de Baio con Elisa Franco Torres

1 minutes read
  • O instituto celebra o III Mes do Libro coa visita de escritores da zona

O Mes do Libro continúa no IES Maximino Romero de Lema, en Baio. Nesta ocasión o alumnado de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato mantivo un encontro literario coa profesora de Xeografía e Historia no centro, Elisa Franco Torres. A escritora falou sobre o seu libro Pasaxes na Memoria. Historia e testimonios dos represaliados políticos no concello de Sanxenxo (1936-1950).

A través dunha perfecta mistura de información histórico-documental e da recompilación da memoria aínda viva, o alumnado coñeceu as vicisitudes e consecuencias da violencia represora e xenocida levada a cabo polos golpistas. Parte importante da súa charla centrouse na Illa de San Simón, antigo lazareto convertido en campo de concentración. O alumnado recoñeceu a realidade que describía Elisa nalgúns dos libros que leran de Agustín Fernández Paz.