Encontro sectorial en Carballo para avanzar na creación da Rede de Pobos do Surf

A xuntanza, celebrada no Museo de Bergantiños, tivo como anfitrión ao concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira. Carballo, xunto coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, lideran desde Galicia o proxecto estatal, que conta co respaldo dos fondos europeos Next Generation. Razsurfcamp, Artsurfcamp + Teirón, Boaola, Paua Surf, Wolsurfcamp e o proxecto Aprende a través do surf estiveron representados neste encontro.

A reunión foi unha demostración da gran implicación do sector no proxecto, que pretende ser unha nova experiencia a nivel estatal e unha ferramenta de traballo colaborativo na xestión sostible do turismo de surf dun modo integral, que contribúa á conservación do medio natural, fomentando a protección das ondas e da costa e a súa regulación, e á promoción do patrimonio cultural, con especial énfase na gastronomía e a historia de cada municipio da rede e da totalidade da mancomunidade.

Nese sentido, os participantes abordaron posibles accións a desenvolver e articularon unha rede de traballo colaborativo para o bo desenvolvemento do proxecto. A Rede de Pobos do Surf impulsará a creación de novos produtos turísticos ligados a actividades sostibles tematizadas (surf e patrimonio cultural, surf e lecer en familia, e surf e gastronomía), tendentes á desestacionalización do turismo nos respectivos territorios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha