41
Endesa decidiu acelerar o peche da central de carbón das Pontes en A Coruña, ademais da de Litoral en Almería, as dúas únicas do grupo que foran eximidas da obriga de ser clausuradas a mediados de 2020. Faino, di, empurrada polas actuais condicións de mercado, que levou a que estas plantas «non resulten competitivas», segundo di nun comunicado relevante á Comisión Nacional do Mercado de Valores. E confírmao logo de varios meses de inactividade, con importantes protestas de persoal propio, das auxiliares, dos transportistas e da veciñanza esixíndolle alternativas e unha descarbonización «ordenada e regulada».