Enel asegura que o peche da central das Pontes é definitivo

Fonte: páxina web de Endesa

Enel, a accionista maioritaria de Endesa, reafirma o peche da central térmica das Pontes. O conselleiro delegado da multinacional asegura que a reactivación é temporal e que responde  á “anormal” situación do mercado eléctrico nun contexto de altos prezos. Desde Enel insisten en que non hai “ningún paso atrás” na decisión de pechar esta central térmica.