Enfado de Martiño Noriega pola denegación dun novo Xulgado do Social para Compostela

Tras recibir a nova, o alcalde de Santiago púxose en contacto coa Ministra de Xustiza explicando a imperiosa necesidade doutra sala polo social na cidade

O Ministerio de Xustiza volveu denegar a creación en Santiago dun novo Xulgado do Social, algo que sorprendeu porque “este ano pasouse o filtro do TSJ e a Xunta”, explica o alcalde, e “cando pactan as propostas non soen ser rexeitadas”. Noriega tramitou un comunicado á Ministra de Xustiza, Dolores Delgado, explicando a necesidade que hai en Compostela, “centro dun área metropolitana de case 200.000 habitantes” con atrasasos nas salas polo social de “case tres anos”, como explicou en rolda de prensa. Así mesmo, quixo deixar claro que é unha petición de toda a cidade que conta coa unanimidade de todos os grupos e que xa é unha petición de hai anos. +nostv.gal

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha