Enfermeiras en loita denuncian en Bruxelas as condicións laborais do Sergas

1 minutes read

O Colectivo de enfermeiras eventuais en loita presentará unha denuncia en Bruxelas contra o SERGAS polos seus contratos eventuais. Este mércores reuníronse coa vicepresidenta da comisión de Peticións do Parlamento Europeo para expoñerlle as súas reclamacións. Nesta xornada, organizada polo BNG, denunciaron unha situación de precariedade laboral que veñen sufrindo dende hai anos, nos que van encadeando contratos temporais.

A portavoz do BNG en Europa sinalou que a xustiza europea xa ten condenado este tipo contratacións. Catuxa Lagarón, voceira das enfermeiras eventuais en loita, explica que «estamos sometidos a unha precariedade imposible. Isto non vai de cartos senon de como vives o teu día a día e como por culpa do que che ofrecen, non podes medrar como persoa. Eu non podo estar durante 9, 10 ou 12 anos pegada a un teléfono e esta é a forma de traballar que ten o Sergas»

A portavoz do BNG no Parlamento Europeo di que «presentamos unha denuncia europea xa que o caso das enfermeiras eventuais en loita vulnera a normativa comunitaria. Hai xa xurisprudencia do TXUE sobre casos semellantes e cremos que a Unión Europea ten que decir algo sobre este tipo de contratos»