Enfermeiras en Loita reclaman estabilidade laboral


O colectivo de Enfermeiras en Loita reclama máis atención por parte das administracións. Este venres tiveron voz na Comisión de Reactivación do Parlamento. Insistiron en reclamar máis estabilidade laboral e criticaron que a proporción entre enfermeiras e doentes e das peores de Europa. Tamén nesta comisión, a Rede Galega pola Investigación pediu un pacto político para aumentar o investimento dedicado a esa partida.