Entendemento entre Alcoa e Liberty, segundo o presidente do comité de empresa

1 minutes read

O presidente do comité de empresa da factoría de San Cibrao, adiantou que «comezan a achegar posturas» tras rematar unha nova reunión entre todas as partes. O principal punto de desencontro parecer ser a planta de Alúmina pero, desde o comité sinalan que hai avances porque Liberty renunciou a comprala e agora negocia con Alcoa un contrato de subministro. Na reunión tamén participou a Xunta. Úrxelle ás dúas partes que axilicen a negociación e ao Goberno que fixe un prezo eléctrico competitivo.
A próxima semana o comité de empresa vaise reunir con Liberty para coñecer o seu proxecto para San Cibrao.