Entidades da comarca presentarán en Carballo a campaña ‘X Solidario’ declaración da renda 2023

1 minutes read

O venres 31 de marzo, a asociación Íntegro e Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) de Carballo celebrarán un acto conxunto de presentación da campaña “X Solidario” declaración da renda 2023. O evento, que tamén conta coa colaboración de Afaber Alzheimer Bergantiños e a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Carballo, terá lugar ás 12.00 horas na Praza do Concello de Carballo, e consistirá na lectura dun manifesto e na creación dun “X” humano, como xesto simbólico e solidario para lembrar á veciñanza a importancia de marcar o recadro 106 na declaración da renda. Así mesmo, xunto a outras entidades, tamén está prevista a participación de representantes de Cruz Vermella Local e da residencia Domus Vi Carballo. O xoves 30 instalarase un stand informativo diante da Casa Consistorial para dar a coñecer o evento e repartir folletos divulgativos sobre a campaña deste ano.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?