Entidades de 20 países danse cita na Laracha no programa europeo sobre migracións

A Casa da Cultura acolleu este mércores a primeira xornada do evento temático do proxecto Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración, liderado por A Laracha e no que participan 21 municipios e entidades de 20 países europeos diferentes.

Cada socio fixo unha breve presentación sobre a realidade sociocultural do seu país e localidade.

Ademais, a profesora de Socioloxía e membro do equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais da Universidade da Coruña, Belén Fernández Suárez, fixo unha ponencia sobre a historia dos movementos migratorios en Galicia e noutros puntos de España.

Asistiu como público parte do alumnado do IES Agra de Leborís.

De seguido visitaron a localidade de Caión. Este xoves, na segunda e última xornada na Laracha, realizarase a partir das 10:00 horas una mesa redonda titulada Maior integración, maior riqueza social e cultural que será un encontró con migrantes e responsables de ONGs.

A partir das 12:00 horas será o acto central, consistente na sinatura do Pacto de Amizade entre todos os socios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha