Entidades ecoloxistas participarán na limpeza do litoral carballés coordinadas co Concello

2 minutes read

O Concello de Carballo coordina co movemento asociativo os traballos de limpeza do granulado plástico que está a chegar ao litoral do termo municipal. Esta fin de semana realizarase unha limpeza de toda a franxa costeira carballesa na que participarán as entidades ecoloxistas Limpocean, Senda Nova, Hábitat e Adega, que tamén se encargan das inscricións e da formación das persoas voluntarias que queiran colaborar.

O Concello de Carballo facilitará un colector de obra para depositar os residuos e os medios materiais necesarios para a súa recollida, incluídos aqueles dos que dispón o servizo municipal de limpeza de praias. Precisamente este xoves tamén estivo traballando no areal o persoal da empresa encargada do servizo, reforzando o labor que se vén realizando desde que empezaron a chegar á costa os residuos plásticos procedentes do buque Toconao.

Como colaborar?

  • Limpocean: as persoas interesadas deben enviar un e-mail cos seus datos (nome completo, DNI e teléfono de contacto) a eventos@limpocean.com. Todo o material facilitarao a propia asociación. A limpeza será o sábado 13, de 12.00 a 14.00 horas, e o punto de encontro son as instalacións de Art Surf Camp, na Cabreira (Razo).
  • Adega tamén limpará o sábado, pero xa ten as prazas esgotadas.
  • Senda Nova organiza unha xornada de sensibilización e limpeza de microplásticos para o domingo, neste caso na zona de Baldaio. As persoas interesadas poden anotarse ben en sendanova@hotmail.com ou nos teléfonos 611 037 617 e 654 887 468.
  • Hábitat centrará a súa actuación na zona da lagoa de Baldaio, e contará coa colaboración da Asociación de Mariscadoras Fonte de Santa Helena. As persoas que queiran sumarse poden informarse en vixias@gnhabitat.org.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?