Todo a punto na 29 edición da Mostra do Encaixe de Camariñas

Un amplo despregamento de medios técnicos e humanos cunha caseta de control dixitalizada na propia Mostra do Encaixe de Camariñas, nhdiario.es fixo posible que miles de persoas en todo o mundo puidesen seguir en tempo real, en directo e en alta definición o primeiro desfile levado a cabo na edición deste ano da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas na tarde deste mércores. Desde este medio queremos agradecer o trato recibido por parte da organización do evento e emprazarvos a todos e a todas a seguir gozando o que resta de semana deste gran acontecemento internacional. Ademais desde o mesmo lugar NOVAHIT emite 10 horas de radio en directo de forma ininterrompida todos os días da Mostra.

Non te perdas os desfiles que faltan en directo en:

https://nhdiario.eses/nh_tv/

Caseta dixitalizada de nhdiario.es na Mostra do Encaixe de Camariñas.

XOVES
12:30 Desfile “Pequeencaixe” e “encaixeiras Senior de Camariñas” – Desfile “Carlos Bardullas”, estilista internacional: Colección “O son do mar”
16:30 Desfile “Noveis Deseñadores Grupo A”
17:30 Desfile “Noveis Deseñadores Grupo B”
19:15 Desfile “Grandes Deseñadores” – Actuación de Guadi Galego


VENRES
13:00 Desfile “Grandes Deseñadores”
16:30 Desfile “Noveis Deseñadores Grupo B”
17:30 Desfile “Noveis Deseñadores Grupo A”
19:00 Desfile ”Grandes Deseñadores”

SÁBADO
12:30 Desfile “Grandes Deseñadores”
17:00 Desfile “Noveis Deseñadores Grupo A” coa presenza do xurado
18:45 Desfile “Noveis Deseñadores Grupo B” coa presenza do xurado

DOMINGO
13:00 Desfile “Delegacións encaixeiras internacionais” – Desfile “Carlos Bardullas”, estilista internacional: Colección “O son do mar”
17:45 Desfile “Grandes Deseñadores”
19:45 Desfile “Noveis Deseñadores A e B” – Entrega de Premios

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha