Entra en Langosteira un quimiqueiro que estivo sen máquina catro días fronte a Galicia


Este sábado ao mediodía entrou no porto exterior de punta Lagosteira, na Coruña, o buque quimiqueiro Sucran C, escoltado por outros dous remolcadores da empresa que contratou o seu armador e cun práctico a bordo. O mercante, sen máquina e cargado de etanol e aceite base, estivo catro días á valga a 26 millas ao noroeste do cabo Ortegal. Tivo un incendio o luns que lle afectou á propulsora, problema que lle impedía navegar. O barco partiu de Riga e o seu destino era Gebze en Turquía. Salvamento ofreceulle axuda, que a navieira e o seu capitán rexeitaron. Contratou dúas empresas españolas e unha rusa e Salvamento inspeccionou en todo momento a manobra, ata a chegada a porto para a súa reparación.