Entra en servizo a primeira electrolineira da comarca

1 minutes read

O alcalde e varios membros do goberno local de Carballo asistiron este venres a unha explicación técnica do funcionamento do servizo.

O punto de recarga está situado na rúa Arcebispo Romero de Lema, na zona dos Baños Vellos. Ten capacidade para abastecer a dous vehículos a un tempo, en principio con carga normal, pero está preparado para acadar os 22Kw/hora se a demanda o require. Dispón de dous conectores estándar na Unión Europea para todo tipo de coches, o subministro é 100% de orixe renovable e o prezo, de 0,21 euros por Kw/hora + IVE. Para activar o servizo poden utilizarse dous sistemas, ou ben unha tarxeta da compañía Ibil válida para todo o territorio nacional ou ben a través da APP da empresa no teléfono móbil.

Dado que o punto de recarga está telexestionado será posible coñecer todos os datos sobre o seu uso: número de vehículos, tempo de carga, consumos… en función dos cales se procederá, se é preciso, ao incremento da potencia.