Entra en servizo a variante de Salgueiroas en Santa Comba

Trátase da primeira fase do acondicionamento da estrada autonómica AC-406 (Portomouro – Santa Comba), e consiste nunha vía de novo trazado de 2 quilómetros de lonxitude, construída entre o parque empresarial e Abuín.
Constitúese así un trazado alternativo que evita o paso dos vehículos, moitos deles pesados, pola travesía do núcleo de Salgueiroas, o que permite mellorar a seguridade deste núcleo de poboación, propiciando ademais maior comodidade nos desprazamentos e unha redución nos tempos de percorrido.
A nova infraestrutura ten carrís de 3,5 metros de ancho, ademais das beiravías. Conta ademais con dúas interseccións, unha semiglorieta para conectar un núcleo de poboación coa variante e unha rotonda no punto final da actuación, que da acceso ao parque empresarial de Santa Comba. Construíronse dous pasos inferiores e un viaduto, ademais de camiños de servizo para garantir os accesos existentes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha