Entradas para o Calvo Xiria – Magope Seis do Nadal Coia


Debido as restriccións de aforo é necesario acceder ao pavillón cunha entrada adquirida con antelación. Dispoñibles gratuítamente para socios ata o venres 9 ás 00:00. O sábado en xornada de mañá poderían poñerse á venda para público xeral se quedasen entradas libres.

O partido será o sábado 10 ás 20:00h

O aforo dispoñible é de 180 butacas, se hai máis demanda do que o aforo permite tentarase dar prioridade para os vindeiros encontros aos socios que non consigan entrada desta vez.

Se tes un carné familiar poderás seleccionar ata 3 entradas para convivintes e indicar número de socio, nome, apelidos e DNI das 3 persoas. (4 para os carnés Familiar+1)

Os socios titores poderán tamén seleccionar entradas para os seus fillos e fillas deportistas en EBmXiria.

Cada socio individual poderá seleccionar unha entrada e outra para un menor de idade.

Recorda escribir o nome completo e o dni de tódolos portadores das entradas.

Se faltan os datos persoais dalgunha persoa esa entrada non será válida.