43
O 15 deste mes entra en vigor o Decreto 127/2023, polo que se aproban as normas de habitabilidade das vivendas de Galicia, unha revisión da lexislación que flexibiliza as condicións de protección de vistas das vivendas en plantas baixas co obxectivo de que se poida realizar o cambio de uso de locais comerciais baleiros a vivendas nas debidas condicións de calidade, intimidade e seguridade. Esta nova norma permitirá, deste xeito, que locais que levan tempo sen uso poidan ser transformados en vivendas para dar resposta á crecente demanda de pisos, sobre todo en alugueiro, e á escaseza actual da oferta.