Entran en servizo os puntos de información xuvenil nos sete campus universitarios

Campus universitario A Coruña_ coruna.gal

A Xunta, en colaboración coas Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, impulsará puntos de información xuvenil itinerantes co obxectivo de achegar os recursos, programas e axudas existentes en materia de xuventude aos universitarios galegos. Este novo servizo que acaba de comezar a funcionar irá emprazándose polas diferentes facultades dos campus galegos ao longo dos vindeiros meses.

Coa finalidade de continuar achegando información á mocidade, esta nova iniciativa, pretende asesorar aos estudantes das tres universidades galegas. Nestes puntos, tamén se habilitará a activación do Carné Xove, do que xa dispoñen 400.000 mozas e mozos.

No campus da cidade herculina estará no Edificio Xoana Capdevielle, e no de Ferrol, no de Apoio ao Estudo. Pola súa banda, na Universidade de Santiago o punto de información, na facultade de Ciencias da Comunicación da capital galega; e en Lugo, na facultade de Formación do Profesorado.

Por último, na Universidade de Vigo haberá un punto de información na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense e na Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra. O xoves estará na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo. Estes puntos funcionarán en horario de mañá, de 10.30 a 14.30 horas, un día ao mes en cada campus, salvo na época estival.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha