Estas restricións en principio son para sete días, pero a Xunta quere amplialas a catorce. Non poderá haber reunións de máis de cinco persoas. Nin en espazos públicos nin en privados. Queda prohibido o consumo en barra na hostalería e a ocupación dos negocios redúcese á metade. Sanidade fai un chamamento a crear contornas burbulla, relacionarse con pouca xente e sempre a mesma. Isto despois de constatar que a maioría dos contaxios se producen entre familiares e amigos. As vodas non poderán reunir a máis de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre. Os lugares de culto deben reducir a súa capacidade ao 50 por cento. Os velorios xuntarán como máximo a dez persoas en espazos pechados e 25 en abertos. E os enterramentos ou cremacións só poderán reunir a 25 persoas entre familiares e achegados. Os locais comerciais deben limitar a súa ocupación ao 50 por cento. Nos centros comerciais non se permitirá a permanencia dos clientes nas zonas comúns, máis que para o tránsito, e neles non se poderá usar as zonas recreativas. Os mercados ao aire libre só poderán ter o 50 por cento dos postos.
36