Entran en vigor as primeiras Directrices da Paisaxe de Galicia

1 minutes read

As Directrices da Paisaxe son un documento que guiará e dota á comunidade galega dunha ferramenta coa que protexer, xestionar e conservar a paisaxe, coa que afianzar a súa actual posición entre as comunidades máis avanzadas en materia paisaxística.

No documento recóllense as normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego, coa finalidade de preserva e coidar os valores paisaxísticos. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.

Inclúen unha serie de normas que serán obrigatorias para os instrumentos de planificación sectorial e urbanística, así como para as estratexias rexionais e locais; e por outra, un listado de recomendacións que serán orientativas e suxiren limitacións ou condicións de carácter xenérico.

As novas Directrices da Paisaxe de Galicia, en todo caso, deberán integrarse en calquera plan, programa ou proxecto que se leve a cabo no territorio da comunidade, que, polo tanto, deberán ter en conta os valores paisaxísticos en todas as súas fases, respectando o carácter diferenciado das grandes áreas paisaxísticas e dos diferentes tipos de paisaxes.

Establécense pautas obrigadas como ocultar os tendidos eléctricos nas novas urbanizacións; limítanse as actividades extractivas nas áreas especialmente protexidas, que deberán ter especial xustificación; ou se prohibe a repoboación en zonas afectadas por incendios con especies invasoras.