26
Desde este luns xa non son válidos os vellos abonos gratuítos. Hai que telos novos, que estarán en vigor ata o 31 de agosto. No caso dos Avant mantense o desconto do 50 por cento. Para telo, hai que depositar a fianza de 20 euros. O pagamento con tarxeta permite a devolución automática da fianza unha vez se teñan feitos 16 desprazamentos. Véndense na web de renfe e tamén nas estacións ou máquinas de autoventa.