O acto de entrega celebrouse na praia de Montalvo, no concello de Sanxenxo, donde Feijóo dixo que Galicia contará cunha Lei de Patrimonio natural, que se debaterá este martes no Parlamento, para protexer a súa riqueza natural e a biodiversidade e que contribuirá a facer unha Galicia máis verde. Así, lembrou que nos últimos tempos dotouse á Comunidade de instrumentos normativos para preservar a paisaxe e fomentar un desenvolvemento sustentable e racional como: o Plan de ordenación do litoral, as directrices de ordenación do territorio, a Lei do Solo, ou o Catálogo das paisaxes de Galicia.
O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, recolleron este luns de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a bandeira azul que lucirá na praia de Caión neste verán, así como o distintivo de sendeiro azul ao sendeiro de Saldoiro (tamén en Caión) e o de centro azul de educación ambiental ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte en Golmar. Por parte do concello de Carballo acudiu a cita o xefe de Protección Civil, Javier Souto. O alcalde de Ponteceso Lois García Carballido tamén estivo presente, asi como o alcalde de Arteixo entre outros.
En relación á entrega das bandeiras azuis, o titular do Executivo autonómico resaltou os 156 galardóns que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor outorgou á Comunidade. En total, 156 bandeiras azuis que ondearán este ano: en 107 areais galegos; 12 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 22 sendeiros azuis.