Estes premios distinguen cinco proxectos de aforro e eficiencia enerxética onde os galardoados foron os proxectos de Seingenia, Showa Denko Carbón, Keyplan, Soltec e o Concello de Ribadavia; así como a xornalista Abeta Chas. Deles, un foi executado na cidade da Coruña e os outros dous en Arteixo.
O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG), entregou os Premios Galicia de Enerxía 2022 no transcurso dun acto celebrado en Ourense ante 200 persoas. Uns premios que recoñecen as mellores actuacións relacionadas coa enerxía, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables realizadas en Galicia durante o ano 2021.
Tamén se recoñeceu o labor da xornalista Abeta Chas, delegada de Expansión en Galicia, pola súa contribución para achegar á sociedade o mundo da enerxía.