Entregada a Compostela número 150.000 a unha peregrina francesa


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado de peregrinacións da Catedral, Segundo Pérez, recibiu no Centro Internacional de Acollida á peregrina francesa Marie Boileau, á que se lle fixo entrega do certificado que a acredita como a peregrino número de 150.000. Boilaeu, que comezou o seu Camiño en Oviedo acompañada do seu marido, remataba o seu quinto Camiño de Santiago, nesta ocasión o Primitivo. Ademais de recoller a certificación, foi agasallada coa visita ao Pórtico da Gloria da Catedral e cunha fin de semana no programa Outono Gastronómico, que se está a desenvolver no turismo rural galego.