Entregada a distinción de aloxamentos da biosfera a nove establecementos das Mariñas

1 minutes read

Albarari-Burbullas Astronómicas, Cabanas de Canide e Hotel Noa Boutique de Oleiros, Hostal Pórticos e Hotel Garelos de Betanzos, Casa de Barreiro de Curtis, Casa de Sixto de Paderne, Hotel A Terraza de Miño e Rectoral de Cines de Oza-Cesuras son os establecementos distinguidos nesta ocasión como aloxamentos da biosfera.

O acto de entrega da distinción celebrouse na Aula da Natureza de Crendes en Abegondo, onde participaron o vicepresidente e responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o presidente da Reserva, José A. Santiso e a responsábel de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro que recoñeceron o esforzo dos primeiros nove aloxamentos do destino que superaron a formación e avaliación como Marca de Calidade da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, a Calidade Turística e a Adhesión das empresas ao Club Ecoturístico de España.

No acto, avanzáronse novas iniciativas de dinamización do sector por parte da Reserva da Biosfera como son a implantación de menús da biosfera, experiencias inesquecíbeis, unha nova campaña arredor dos sentidos, unha nova ferramenta de comercialización co obxectivo de acadar a finais deste ano experiencias 100% certificadas como ecoturismo.

Distinguidos e autoridades, conxuntamente_Cedida.