Entregada a Insignia de Ouro do Concello de Oroso á AVPC local

1 minutes read

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no acto de entrega da Insignia de Ouro do Concello de Oroso á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) do municipio en agradecemento ao seu traballo durante o confinamento pola pandemia do coronavirus. Cabe destacar o traballo completamente altruísta dos voluntarios no día a día para velar pola seguridade dos seus veciños e os máis de 100.000 operativos realizados durante os meses máis duros da pandemia para a entrega de alimentos e medicamentos, o acompañamento de persoas que viven soas ou a desinfección de espazos públicos. A AVPC de Oroso contou cun investimento autonómico superior aos 69.600 euros, dos que máis de 41.500 euros se destinaron á adquisición de material de emerxencias como un traxe de protección ante a vespa velutina, terminais Tetra con GPS, un desfibrilador, un furgón e 1 remolque de emerxencias.