Os Concellos de Vimianzo e Dumbría xa poderán usar en común a desbrozadora grazas ó Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia. A máquina permitirá adecentar espazos e vías municipais con maior celeridade. Ao acto de entrega acudiron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Medio Rural, Víctor Muíño e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez.
Fai xusto un ano que tivo lugar a entrega dun tractor que tamén comparten o Concello de Vimianzo e o Concello de Dumbría tras un acordo asinado por ambos gobernos.
Este acordo levouse a cabo debido á necesidade de xestionar a limpeza e conservación dos espazos naturais existentes nas zonas limítrofes de cada municipio. Está a ser empregado principalmente para realizar labores de prevención, extinción xestión de situacións de sinistro ou risco nas que ambos concellos se poidan ver afectados.