A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entregou á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e ao deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, outras 50.000 máscaras que facilita o Goberno de España aos concellos da provincia de Lugo. Remata así unha nova fase do reparto deste material sanitario que o Goberno facilita para o persoal dos servizos esenciais de concellos e entidades sociais lucenses. Isto súmase á entrega de outras 20.000 unidades deste material de protección á Cruz Vermella, Fademga e Cáritas para a protección dos traballadores, voluntarios e persoas vulnerables ás que atenden estas entidades na provincia. A distribución de máscaras ás ONGs e as cantidades destinadas a cada unha delas é o resultado do acordo alcanzado entre cada organización e o Ministerio de Sanidade.
30