Entregadas as 40 primeiras vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este luns na entrega das 40 primeiras vivendas de promoción pública (VPP) no barrio coruñés de Xuxán, no cal o Goberno galego vai investir 55 millóns de euros para poñer a disposición da cidadanía un total de 1.600 vivendas protexidas. “Sempre falamos das cousas que son imprescindibles e a vivenda é unha delas, por iso quero destacar o esforzo de cada un dos que recolleron as chaves, e tamén o de todos os galegos e galegas que contribúen, cos seus impostos, a que poidamos seguir facendo política de vivenda pública”, asegurou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha