Entregadas as condecoracións da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

1 minutes read

O acto tivo lugar na Academia Galega de Seguridade na Estrada, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que dende principios dos anos 90, cando comezaron os voluntarios de Protección Civil en Galicia, había só 9 agrupacións e hoxe suman máis de 220, o que supón que ao redor do 75 por cento dos concellos galegos contan cunha agrupación.

A Xunta leva colaborando dende hai anos coas Agrupacións coa finalidade de que poidan contar cos medios necesarios para levar a cabo as súas funcións, co obxectivo de que todas as Agrupacións conten como mínimo cun vehículo tipo pick-up, un remolque con material de atención a emerxencias e material específico dependendo da tipoloxía de risco máis frecuente no concello, como é o caso de esparexadores de sal ou cuñas quitaneves en zonas de montaña ou embarcacións en concellos de costa.

En total, lévanse destinado a este fin máis de 12 millóns de euros. Anualmente, ademais, se convocan axudas para o seu funcionamento e se asinan convenios específicos para determinadas funcións como a vixilancia nos camiños de Santiago, onde os voluntarios contribúen a garantir a seguridade dos peregrinos e a prestar unha primeira asistencia en caso de emerxencia.