O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou os valores e o traballo solidario que desempeñan as agrupacións de Protección Civil e que contribúen a que Galicia siga avanzando como sociedade moderna e solidaria. No acto, celebrado na Estrada, entregáronse 57 distintivos de permanencia a voluntarios que levan 25 anos ou máis formando parte das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Galicia (AVPC), ademais de seis medallas de bronce e catro de prata ao mérito de Protección Civil, así como sendas placas de prata á brigada Galicia VII da Brilat e aos axentes da Garda Civil de Galicia. Rueda destacou o traballo conxunto que realizan os voluntarios coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. “Saben que cando pasa algo que necesita dos voluntarios de Protección Civil, aí ides estar e, se non estiverades, teríano moitísimo máis difícil e, en moitos casos, practicamente imposible”, aseverou o presidente galego.
24