Entregadas as Medallas Castelao 2020

As Medallas Castelao entréganse cada 28 de xuño, coincidindo co traslado dos restos de Castelao ao panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, pero este ano, para gardar a distancia social e permitir unha maior cantidade de público, trasladouse o seu habitual emprazamento e celebrouse no Pazo de Congresos de Santiago.

O presentador e comunicador Xosé Manuel Piñeiro, a xornalista Pilar Cernuda, a deportista Ana Peleteiro, as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e o grupo de música tradicional A Roda foron os galardoados deste ano.

O presidente da Xunta, dixo que camiñamos sobre os ombreiros de xigantes coma Castelao que inspiran un pobo, o galego, nunca excluinte.

O acto estivo amenizado pola Banda de Gaitas da provincia de Pontevedra que interprotou o himno galego acompañado da cantante Rebeca Rods.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha